Tesouros atopados

Plantas carnívoras, en Trevinca?

Posted on

Esta planta carnívora é outro dos descubrimentos que atopei na Zona de Especial Conservación (ZEC) de Pena Trevinca, mentres realizaba voluntariado ambiental para o Concello de A Veiga (este folleto recolle o resultado do traballo). Buscabamos distintas especies catalogadas como típicas na zona, pero que á súa vez non resultaban doadas de atopar e voilà! […]

Tesouros atopados

Ra de Santo Antón, monopolio nas árbores

Posted on

Fai uns anos, mentres colaboraba realizando voluntariado ambiental para o Concello de A Veiga (aquí podedes ver o resultado) atopei esta curiosa raniña que hoxe incorporo a esta colección de tesouros. A ra de Santo Antón ten o monopolio absoluto nas árbores, as súas patas teñen unha especie de ventosas que lle permiten trepar e adherirse […]

Actualidade

Último empuxón no proxecto de Oia

Posted on

Fai algo máis de tres anos comezábamos a traballar cos sensores RFID en Oia. O primeiro que escoitábamos era iso de como van moverse esas rochas co grandes e pesadas que son. Hoxe en día, despois de múltiples campañas de campo, podemos dicir que as rochas móvense e bastante. O pasado decembro realizamos unha das […]

Divulgación 

Sen pistas do monstro do Lago Ness

Posted on

Estando en Escocia realmente non podía faltar unha visita a un dos puntos máis famosos da súa xeografía, o Lago Ness. Seguro que ao longo da vosa vida escoitastes mil historias en relación a este lugar, verdade? O primeiro que debo dicir, é que non, non atopei ao monstro por ningures. Historicamente o Lago Ness […]