Publicacións

O xeo que conxelou a paisaxe galega

A paisaxe que temos na actualidade nas montañas de Galicia está marcada en boa parte polo xeo. Aínda que na actualidade nas nosas montañas o xeo xa non é tan habitual, a súa presenza no pasado marcou o seu aspecto, como?

O paso do xeo polo terreo, a súa acumulación e os procesos de conxelación e desconxelación deixaron unha gran pegada no territorio, quedando como mostra as lagoas glaciares ou as acumulacións morenicas con materiais arrastrados polos glaciares.

Na nosa derradeira publicación sobre o macizo de Trevinca fixemos unha cartografía detallada de todas as formas paleoglaciares existentes neste territorio e unha rreconstrución dos paleoglaciares, é dicir, da masa de xeo que cubriu esta zona no momento do máximo avance glaciar.

Trátase dun proceso levado a cabo a partir do emprego dos Sistemas de Información Xeográfica (SIX) e distintas campañas de traballo de campo. Para o apartado máis tecnolóxico optouse pola fotointerpretación das imaxes áreas e o emprego de GlaRe, un método deseñado por Pellitero et al. (2015) que permite estimar o espesor do xeo y a súa superficie.

Este traballo permitiu cuantificar a lonxitude do glaciar del Bibei, o máis importante do sector occidental de Trevinca, nuns 30 km, ocupando unha superficie total superior aos 140 km2. Pola súa parte, o xeo acadou un espesor máximo superior aos 500 m no Bibei, e próximos aos 400 m no val da Canda.

Coñecer como foi o pasado das nosas montañas axudaranos tamén a entender o que nos espera no futuro y como será a súa evolución nas próximas décadas. Aquí podedes ler o artigo completo. E se agora entráronvos ganas de coñecer máis de preto o  sector de Trevinca, esta é a ruta das lagoas glaciares (PR-G 200) en Wikiloc.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

This site is protected by reCAPTCHA and the Google Privacy Policy and Terms of Service apply.