Cambios volumétricos nunha praia de bloques

Oia

Pontevedra

EN QUE CONSISTE?

A partir de modelos fotogramétricos realizados con drons no ano 2014 e 2016 calculáronse as diferenzas de volume existentes nunha praia de bloques de 20 000 m2. Para o estudo empregouse un Límite de Detección de Cambios de 3.71 cm e un tamaño de pixel de 1.8 cm.

“A zona baixa da praia é a que sofre unha maior erosión.”

PARA SABER MÁIS

Este traballo é unha das primeiras aproximacións ao análise das mudanzas volumétricas en costas rochosas a nivel mundial empregando imaxes de drons. Demostrouse que a erosión tan só domina no 19 % do terreo, mentres que a acreción supera os 1 500 m3 para o período analizado.

O comportamento que mostra a praia relaciónase cunha perturbación no gradiente de equilibrio da praia vinculada á severidade dos temporais invernais en Galiza.

Curiosidades

*

Durante o invierno o mar arrastra enormes cantidades de material á praia, incluíndo algas.

*

Na parte central da praia é donde se localizan a maior parte dos bloques mobilizados.