oia
Pontevedra
EN QUE CONSISTE?
Esta investigación iniciouse nunha praia de bloques de Oia (sur de Pontevedra). Empregáronse sensores RFID para coñecer as dinámicas de desprazamento dos bloques.
![](https://alejandrogomezpazo.com/wp-content/uploads/2019/02/gif-rfid.gif)
“Os maiores desprazamentos superan os 20 metros.”
PARA SABER MÁIS
Os sensores RFID (Radio Frequency Identification) permiten o seguimento de elementos en calquera momento desde a súa colocación e son unha ferramenta fundamental para analizar os posíbeis cambios no medio.
En Oia instaláronse 80 sensores en líñas de 5 elementos perpendiculares á costa durante o mes de setembro de 2016. Na actualidade realízanse revisitas á zona de estudio para posicionar novamente as rochas e así coñecer os vectores de desprazamento que presentan. Até o momento monitorizáronse máis do 80% dos sensores introducidos e os maiores desprazamentos superan os 20 metros.
Curiosidades
*
Estas son as marcas que deixan as rochas no seu desprazamento.
*
A forma da praia pode mudar moito en pouco tempo, quedando a plataforma tapada por cantos.