ProXectos
Dinámicas litorais con RFID
Estudamos o comportamento da costa a escala media a través de sensores RFID.
Caracterización costeira nas Illas Cíes
Definición dos diferentes tipos de costa existentes nas Illas Cíes.
Vulnerabilidade da costa galega
Investigamos os factores que interactuan no litoral galego para previr riscos.
Son xeógrafo experto en SIX e teledetección. Doutor pola Universidade de Santiago de Compostela. Estudo a dinámica das costas rochosas aplicando as novas tecnoloxías. Anteriormente levei a cabo proxectos relacionados cos incendios forestais, coa vulnerabilidade das costas galegas e cos parámetros biofísicos da vexetación.

tese de doutoramento
Título: “Aplicación de novas tecnoloxías no estudo da costa de Galicia dirixidas a unha nova xestión no contexto do cambio global”. Está composta de tres artigos principais:
¿Queres saber máis? Pódoche axudar en algo?
Blogue
Os cantís achégansenos a pedir axuda
O litoral vive nunha transformación continua marcada polos factores mariños, como a altura das ondas ou os temporais, e os factores continentais como poden ser as choivas ou o tipo de litoloxía. Analizar a relación que existe entre estes elementos é vital para poder saber cal será o futuro destas zonas, pero, para que queremos […]
Que acontece coas lagoas costeiras en Galicia?
As lagoas costeiras son ecosistemas fundamentais e moi fráxiles polo que a súa protección e xestión son tarefas fundamentais para a sociedade. Neste contexto vimos de publicar unha investigación en Applied Science na que afondamos en catro lagoas galegas, queres saber o que descubrimos? Un dos principais problemas que existen para poder xestionar estas […]
O pasado e futuro de Corrubedo
A gran duna móbil de Corrubedo ten sido un importante reclamo turístico no Barbanza. O sistema sedimentario incluído no Parque Natural do Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán é un ecosistema con un gran valor medioambiental e a súa evolución é un elemento chave para esta zona. O estudo dirixido por […]