Illas cíes
Pontevedra
EN QUE CONSISTE?
Aproximación metodolóxica semiautomática para caracterizar os sectores litorais a partir dos SIX empregando ortofotografías aéreas (PNOA) e datos LiDAR para xerar Modelos Dixitais de Elevación (DEM). O traballo usou como área piloto as Illas Cíes.

“As Illas Cíes presentan 10 tipos de costa distintos.”
PARA SABER MÁIS
A definición das tipoloxías costeiras realizouse a partir da altitude e a pendente do terreo nas Illas Cíes, no que se puideron diferenciar 10 tipos de costa en función da súa forma e os elementos asociados, como plataformas litorais ou acumulacións sedimentarias.
Esta diferenciación axuda á comprensión das distintas dinámicas existentes nas illas e mostran perfectamente a diferenciación entre a vertente exposta (máis abrupta) e a resgardada, onde se atopan os areais.
Curiosidades
*
O oeste do arquipélago amosa as zonas máis abruptas.
*
Os areais localízanse na vertente máis resgardada dos temporais.