Cálculo dun Índice de Vulnerabilidade Costeira

Galiza

litoral

EN QUE CONSISTE?

Análise da vulnerabilidade física nos primeiros 100 metros da fachada marítima empregando variábeis xeomorfolóxicas e datos oceánicos cos que se xerou un índice CVI. O estudo analiza os posíbeis riscos asociados ao cambio global en Galiza.

“Máis do 4% da costa presenta unha vulnerabilidade alta ou moi alta.”

PARA SABER MÁiS

O índice de vulnerabilidade costeira (CVI) xerouse a partir dos datos de pendente, altitude, orientación, tipo de costa, litoloxía, cambio no nivel medio do mar, altura media das ondas e a distancia á liña batimétrica dos 20 metros.

Os resultados dividíronse en 5 niveles, sendo 1 o de menor vulnerabilidade. As zonas de alta ou moi alta vulnerabilidade ocupan o 4.52 % do litoral galego, especialmente as zonas sedimentarias. Pola súa parte, a maioría da costa atópase cun nivel de baixa vulnerabilidade (57.96 %).

Curiosidades

*

A praia de Rodas (Illas Cíes) é un dos sectores máis vulnerábeis.

*

Estes estudos son fundamentais para paliar os efectos do cambio global.