Divulgación Eventos

Perseguindo pedras até o Ciencia Calidade

O próximo 5 de novembro celebrarase no Vello Cárcere de Lugo a primeira edición do concurso de monólogos científicos Ciencia Calidade. Para esta ocasión o xurado do certame seleccionoume como un dos 8 participantes.

O evento Ciencia Calidade tratará de levar a Lugo a ciencia da man de 8 monólogos breves, cun límite de 3 minutos, nos que investigadores de distintas ramas, como a bioloxía, a xeografía ou a veterinaria, trataremos de transmitir dun modo ameno a temática das nosas investigacións.

Despois da estrea do monólogo Non quero ser alarmista, pero esa pedra móvese de fai unhas semanas no marco das Xornadas sobre Cultura Laboral na Investigación en Santiago, esta será a miña segunda experiencia no mundo dos monólogos científicos. Nesta ocasión presentarei unha nova composición onde seguro que o mar terá un lugar privilexiado, xa sabedes que veño a falar do meu libro.

O día 5 de novembro ás 18:30 tedes unha cita no Vello Cárcere de Lugo coa divulgación científica. Non vos esquezades de reservar o voso sitio gratis.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

This site is protected by reCAPTCHA and the Google Privacy Policy and Terms of Service apply.