Tesouros atopados

Ra de Santo Antón, monopolio nas árbores

Fai uns anos, mentres colaboraba realizando voluntariado ambiental para o Concello de A Veiga (aquí podedes ver o resultado) atopei esta curiosa raniña que hoxe incorporo a esta colección de tesouros.

A ra de Santo Antón ten o monopolio absoluto nas árbores, as súas patas teñen unha especie de ventosas que lle permiten trepar e adherirse a prácticamente calquera superficie, isto axúdalle a diferenciarse do resto da especie neste medio. Ademais, consegue tamén certas vantaxes á hora de desprazarse entre xuncos, ramas e follas.

Como o resto de anfibios, só vive en medios húmidos, pero conta cun superpoder respecto aos demais membros da súa «familia»: resiste moito mellor en ambientes fríosComo nos explican desde o Museo Nacional de Ciencias Naturales (castelán) esta característica permitiulle até sobrevivir ás glaciacións do Cuaternario e manter aínda hoxe altos niveles de diversidade xenética.

É de hábitos preferiblemente nocturnos e se considera especie vulnerábel no Catálogo de Especies Ameazadas de Galicia, todo isto fai que, atopala y traela agora en forma de foto sexa un bonito golpe de sorte.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

This site is protected by reCAPTCHA and the Google Privacy Policy and Terms of Service apply.