Divulgación Eventos

“Somos Científicos” en primeira persoa

Somos científicos | Alejandro Gómez-Pazo

Esta web naceu en boa medida grazas a miña participación no concurso “Somos Científicos, sácanos de aquí”. Como case todo o que fixen na miña carreira, a miña participación foi un pouco de casualidade. Ves unha publicación de que abriu o prazo para participar nun concurso de divulgación científica, pensas unha frase chamativa nun momento e o resto é historia.

Podo decir, sen medo a esaxerar, que o concurso foi unha experiencia impresionante. Durante as dúas semanas de duración de Somos Científicos enfronteime a centos de preguntas de nenos cun enorme interese por saber que facemos os científicos, como traballo coas pedras ou como se empregan os drons para traballar na costa. Como non podía ser doutro xeito, non todalas preguntas ian a ser de ciencia, tamén se interesaban por canto cobramos os científicos ou sobre cousas máis de actualidade, como se xogábamos ao Fortnite ou víamos Xogo de Tronos.

É certo que algunhas xornadas de chats e de responder preguntas pola noite fixéronse duras, pero realmente mereceu a pena vendo o intererese e cariño que me demostraron cada día. Esta experiencia axudou a reafirmarme na importancia que ten a divulgación para poder chegar a máis persoas e que estas se identifiquen e interesen polo que ti fas.

Unha aventura moi remomendábel!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

This site is protected by reCAPTCHA and the Google Privacy Policy and Terms of Service apply.