Divulgación 

Curiosidades da xeografía de Galiza (I)

A xeografía de Galiza está repleta de curiosidades. En cada paseo polos seus bosques ou sendeiros podes descubrir a gran diversidade xeográfica da rexión, so fai falla estar un pouco atento.

Galiza, o paraíso recoñecido

Sabías que case o 12% do territorio galego son zonas protexidas polo seu gran valor ambiental? Presumir da paisaxe galega é bastante doado e se temos en conta a gran cantidade de zonas protexidas que temos, moito máis. En Galiza contamos cun Parque Nacional, o das Illas Atlánticas, onde se atopan as archicoñecidas Illas Cíes, pero tamén temos outros lugares nos que perderse é un auténtico pracer como pode ser o ZEC Pena Trevinca, onde podemos chegar á maior altura de Galiza ou o Parque Natural Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán, onde poderemos admirar a súa espectacular dina móbil e bañarnos nunha paraxe única.

A vexetación xa non é o que era

A miúdo podemos pensar que a vexetación que vemos actualmente non mudou ao longo do tempo, pero isto non é certo. Os cambios climáticos que viviu a Terra ao longo da súa historia fai que as plantas e árbores varíen en períodos de tempo longos. Por exemplo, no norte de Galiza, zona das Fragas do Eume, podemos atoparnos cuns fentos terciarios incríbeis. Vale, preguntarédesvos que é un fento terciario, verdade? Pois trátase dunha planta que estaba presente en Galiza fai millóns de anos e que agora tan só se pode atopar en zonas moi concretas.

As árbores máis famosas

Unha das figuras de protección recoñecidas en Galiza é a de árbores senlleiras. Que son? Pois en xeral trátase de árbores moi antigas que teñen unha gran importancia no lugar no que se atopan. Entre as máis destacadas podemos falar do carballo de Freán (Quercus rebur) con máis de 14 metros de perímetro e que se atopa en Xermade.

One thought on “Curiosidades da xeografía de Galiza (I)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

This site is protected by reCAPTCHA and the Google Privacy Policy and Terms of Service apply.