Divulgación 

Abrindo novas fiestras

Presentación | Alejandro Gómez-Pazo

Fai uns anos o mundo da investigación atraeume ao lado escuro e desde entón compaxino dar clase na universidade con tratar de comprender como funcionan as costas, que é un dos puntos chave da miña tese de doutoramento.

Desde fai un tempo tiña na miña cabeza a idea de poder crear un lugar no que ensinar a todo o mundo ao que me adico e que é o que fago no mundo da investigación. Pois aquí o tedes! Coa creación desta web aquela idea convértese por fin en realidade.

Seguro que vos preguntaredes para que serve esta páxina, verdade?

Con este novo proxecto quero contarvos o meu día a día como investigador, aínda que xa vos digo que non tódalas xornadas son interesantes. De tódolos xeitos, prometo non falar da burocracia e ensinarvos moitas imaxes e gráficas divertidas.

Aquí mostrareivos como son os “cachivaches” cos que traballo e que fago con eles para poder entender un pouco mellor como evolucionan as costas galegas. Ademais, como non, tamén vos ensinarei os lugares nos que investigo, a ver cantos recoñecedes e a cantos vos entrarán as ganas de visitar.

Nesta web tamén hai un oco pensado para os máis pequenos no que poderán achegarse á ciencia dun xeito divertido aprendendo como funciona o medio no que vivimos e co que espero que a algún lle entren as ganas de seguir investigando.

Aínda que non sempre é sinxelo, ben pola carga de traballo ou polas dificultades de comezar un proxecto novo, creo que divulgar o traballo que facemos os científicos é algo fundamental para poder chegar cada vez a máis xente. Se ensinamos a que nos adicamos todo o mundo poderá comprender a importancia do noso traballo, por iso, espero que isto só sexa o inicio dunha gran aventura, acompañádesme?

2 thoughts on “Abrindo novas fiestras

  1. Bos días. Chegue a túa páxina grazas a Augusto Pérez Alberti. Xa che estou a ler e me encanta. Grazas e noraboa por esta iniciativa. Saúdos. Puri Pérez Leiròs

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

This site is protected by reCAPTCHA and the Google Privacy Policy and Terms of Service apply.