ActualidadeDivulgación 

Último empuxón no proxecto de Oia

Fai algo máis de tres anos comezábamos a traballar cos sensores RFID en Oia. O primeiro que escoitábamos era iso de como van moverse esas rochas co grandes e pesadas que son.

Hoxe en día, despois de múltiples campañas de campo, podemos dicir que as rochas móvense e bastante. O pasado decembro realizamos unha das derradeiras xornadas de traballo de campo antes da análise dos datos de todos estes anos para poder publicalos e tivemos moitas sorpresas, queres que chas contemos?

Unha das nosas maiores alegrías é que recuperamos case o 80% dos sensores que instalamos. Isto ten varias cousas boas, por un lado, que o mar non se levou o noso orzamento, por outro, que podemos seguir empregándoos durante máis tempo.

Coa axuda dos RFID puidemos cuantificar como son os movementos das rochas en Oia e así comprender mellor cales son os factores que máis inflúen nesta zona. Agora que os datos xa están no noso poder estamos traballando nas análises estatísticas e moi pronto esperamos poder ter os resultados publicados. Parece que xa só queda a parte sinxela, pero o proceso de publicación dos artigos científicos non é tarefa sinxela, canto credes que tardará esta investigación en vela luz?

Esperamos poder darvos novas pronto!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

This site is protected by reCAPTCHA and the Google Privacy Policy and Terms of Service apply.