Divulgación Publicacións

Geomorphology faise eco do noso estudo en Oia

A pasada semana publicamos na revista Geomorphology un artigo sobre a dinámica dunha praia de bloques (coídos) en Galicia empregando sensores RFID. Este traballo leva por título “Tracking clast mobility using RFID sensors on a boulder beach in Galicia, NW Spain” e forma parte do meu proxecto de tese de doutoramento que analiza a evolución da costa galega.

Este proxecto supón unha das primeiras investigacións nas que se introducen este tipo de sensores en ambientes costeiros nos que existen acumulacións de bloques. Estudos recentes levados a cabo no Reino Unido empregaron esta tecnoloxía analizando as variacións nunha plataforma rochosa, pero neste case pretendíase coñecer como as características das praias de bloques podían influír no seu comportamento

O tamaño dos bloques e a altura das ondas non teñen un papel claro no desprazamento das rochas

Desde o ano 2016 monitorizamos o movemento de 80 sensores neste sector de Oia (Pontevedra). Para isto, fixemos 6 visitas á zona de estudo para determinar a posición dos bloques en cada momento. A partir destes datos reconstruíuse o posíbel camiño que seguiron estas rochas e interpretamos como afectarían os distintos factores ambientais a estes desprazamentos.

Con este proxecto tiramos unhas conclusións moi relevantes, por exemplo:

  • O emprego de sensores RFID xunto con imaxes de alta resolución son unha ferramenta de gran valor para estudar as nosas costas.
  • O movemento dos bloques é caótico e non se relaciona co seu tamaño, forma ou cos temporais mariños.
  • Os desprazamentos son resultado dunha complexa variedade de factores que teñen unha importancia e efecto variábel.
  • A dinámica deste sector varía arredor dun estado de equilibrio.

Se queres ler o estudo completo, até o 21 de xaneiro podédelo facer gratuitamente aquí.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

This site is protected by reCAPTCHA and the Google Privacy Policy and Terms of Service apply.