Proxectos

O proxecto PARANTAR chega á Antártida

PARANTAR

Coa chegada do novo ano tamén se inicia o traballo de campo do noso proxecto na Antártida, que leva por nome PARANTAR. A grandes trazos, esta investigación tratará de reconstruír temporal e espacialmente o proceso de deglaciación que se produce nas Shetlands do Sur, que significa isto? Pois que precisamos coñecer como desaparece o xeo desta zona, para entender que mudanzas hai nas especies que habitan nela, como cambia a paisaxe e sobre todo que impacto van ter estas modificacións a nivel global.

Aínda que ao escoitar a palabra Antártida pensemos en que está moi lonxe, as mudanzas que se produzan nela, como o desxeo, terán o seu impacto en todo o planeta, modificando as dinámicas existentes e pudendo xerar múltiples problemas relacionados co xa coñecido cambio climático.

Este proxecto una unha gran cantidade de técnicas de análise como as datacións de isótopos cosmoxénicos, que servirán para establecer as fases da deglaciación e recrear a extensión glaciar, ou a fotogrametría para a reconstrución destes sectores e relacionar as modificacións coas condicións morfoclimáticas. Deste xeito poderemos definir como está sendo a evolución da vexetación en relación co desxeo.

O proxecto PARANTAR está liderado por Jesús Ruíz Fernández da Universidad de Oviedo e nel están presentes até 11 universidades e centros de investigación repartidos por todo o globo.

Para estar ao tanto de todo o que ocorre no proxecto e na viaxe á Antártida podedes seguirnos nas redes de PARANTAR (Twitter, Instagram e LinkedIn).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

This site is protected by reCAPTCHA and the Google Privacy Policy and Terms of Service apply.