ActualidadeProxectos

 Os incendios en Galicia, un problema actual

Tódolos veráns, e cada vez máis noutras épocas do ano, atopámonos con novas nos xornais sobre recentes incendios que azoutan os nosos montes. Neste contexto destaca Galiza, que é a Comunidad Autónoma con maior número de incendios forestais, dos cales a inmensa maioría débense a causas humanas. Este problema xera unha necesidade innegábel de analizar as súas causas e tratar de buscar solucións para paliar as súas consecuencias ou evitala súa ocorrencia.

Pódese predicir onde arderá? Non coa exactitude que nos gustaría, pero sí que se poden deseñar modelos cos que coñecer as zonas que teñen unha maior probabilidade de sufrir un incendio forestal. Neste sentido e a partir do meu Traballo de Fin de Máster (TFM) na Universidad de Alcalá desenvolvemos unha metodoloxía para estimar o risco de ignición forestal en Galiza, que se publicou na Revista Geográfica del Sur .

Neste proxecto analizáronse tanto as condicionantes naturais coma as humanas para poder deseñar o modelo de ignición. Como resultados intermedios atopámonos con que a provincia de Pontevedra e o oeste de Ourense eran as zonas que presentaban un maior risco de ignición por causas humanas, mentres no extremo oriental de Galiza é onde teñen unha importancia maior os incendios naturais.

A partir dunha serie de datos de entrada vinculados coa temperatura e a humedad relativa puidemos xerar modelos diarios de risco de ignición cos que podemos coñecer as áreas máis propicias para o inicio dun incendio forestal, como se pode ver no seguinte exemplo.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

This site is protected by reCAPTCHA and the Google Privacy Policy and Terms of Service apply.