Divulgación 

O frío como cicel de Escocia

Grazas a miña estadía en Glasgow comecei a percorrer terras escocesas para poder coñecer en primeira persoa como son as paisaxes e poder relacionalas coa xeografía de Galiza.

Seguro que se alguén nos fala de Escocia viranos á cabeza unha imaxe de amplos espazos verdes e quizais choiva. Ben, esta idea preconcibida non se afasta demasiado do que son as paisaxes escocesas hoxe en día, pero estas non foron sempre así.

A pesares de non ter montañas moi altas, a posición que ten este país no planeta fixo posíbel que até fai relativamente pouco tempo o xeo ocupase o incríbel tapete verde co que nos deleita actualmente. Nos máximos glaciares practicamente a totalidade do país estaba ocupada polo xeo. Pero, como podemos ver a pegada deste período?

Os inmensos vales en forma de “U” das Highlands escocesas son un magnífico exemplo destas formas glaciares. Ademais, nestas zonas tamén aparecen multitude de sedimentos de distintos tamaños acumulados polo movemento do xeo que ocupaban este territorio, atopándonolos agora nas ladeiras ou nas proximidades dos ríos.

Un dos maiores expoñentes destas paisaxes, marcadas polos momentos máis fríos, é o val de Glencoe. Mentres circulaba pola estrada que o atravesa pola súa parte baixa puiden apreciar perfectamente a súa magnitude mentres pasaba ao lado de impresionantes lagoas, tamén de orixe glaciar, e algún dos ríos meandriformes, é dicir con multitude de curvas no seu trazado, que discorre por esta zona e vai debuxando un fondo de val único.

One thought on “O frío como cicel de Escocia

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

This site is protected by reCAPTCHA and the Google Privacy Policy and Terms of Service apply.