Divulgación 

Investigando desde a verde Escocia

Desde fai case un mes mudei a xeografía de Galiza polos días nubrados e a humidade escocesa. Actualmente estou facendo unha estadía de investigación na University of Glasgow xunto a especialistas internacionais no estudo das dinámicas das costas rochosas.

Durante o tempo que pasarei en Glasgow trataremos de analizar as diferencias entre o comportamento das plataformas rochosas sobre distintas litoloxías e condicións ambientais. Para isto, ademais das zonas de estudo de Galiza, empregaremos a información de sectores rochosos de Escocia e Gales.

Actualmente tamén estamos traballando na automatización dos procesos de análise para poder axilizar tanto os estudos técnicos destes sectores como a toma de decisións para a mitigación dos efectos negativos que puidesen ter os temporais nestas zonas.

Pero non todo aquí van ser zonas costeiras. Proximamente traereivos moitas fotos sobre as incríbeis formas glaciares que estou gozando mentres percorro o país.

One thought on “Investigando desde a verde Escocia

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

This site is protected by reCAPTCHA and the Google Privacy Policy and Terms of Service apply.