Este ano estarei pondo o toque xeográfico nunha nova edición do festival Pint of Science. O vindeiro luns 13 de maio, a partires das 18:30 no Café bar Alborada de Veiga (Santiago de Compostela) tratarei de achegar un pouco ao público ao noso traballo como xeógrafos/as nos últimos proxectos nos que teño participado.
Se queres ver fotos bonitas de xeos mentres outros se derreten no teu vaso este é o lugar axeitado. Farei un breve percorrido pola análise das costas galegas e como este traballo me levou a participar nunha campaña antártica, investigando no entorno das illas Shetland do Sur, na Antártida marítima.
Ademais, até o mércores 15 poderedes asistir a diversas charlas con temáticas moi vairadas, desde o magnetismo até o descubrimento de novos fármacos pasando polo comportamento do noso cerebro.
Aquí tedes toda a información do evento por días.