Divulgación 

A praia de Rodas retrocedeu 30 m en 61 anos

A revista Journal of Marine Science and Engineering publicou a nosa última investigación sobre as mudanzas que está sufrindo a praia de Rodas, nas Illas Cíes. Aquí tedes o resume e o texto completo do artigo.

As costas sedimentarias son áreas moi importantes económica e medioambientalmente, ademais cambian en curtos períodos de tempo. Esta investigación céntrase en determinalos factores naturais e antrópicos que contribúen ás mudanzas do sistema de Rodas. Esta zona cambiou directamente pola modificación do comportamento sedimentario e indirectamente pola acción dos visitantes. O número de visitantes ás illas aumentou nos últimos anos, ao igual que as infraestruturas. No pasado esta zona tamén experimentou importantes extraccións de area.

Para identificalas mudanzas empregáronse imaxes aéreas dos últimos 61 anos. A liña de costa definiuse como o límite de vexetación dunar empregando un SIX e procesándoo co software DSAS, concluíndo que o sistema retrocedeu máis de 30 metros entre 1956 e 1981, en parte como resultado da extracción de area. O sector norte experimentou unha regresión de 14,14 metros nos últimos 7 anos.

A análise LiDAR permitiu corroborar que o 83% da superficie analizada aumentou a súa elevación, principalmente na fronte dunar e en parte da zona norte.

Artigo completo: http://ir.gl/626a69

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

This site is protected by reCAPTCHA and the Google Privacy Policy and Terms of Service apply.