Sendeirismo

Paisaxes de montaña con raquetas de neve

Raquetas de nieve en Sierra Nevada

Para un xeógrafo non todo vai ser estar no campo traballando, verdade? Acotío trato de buscar novas actividades coas que coñecer distintos lugares dun xeito orixinal. Fai uns meses tiven a miña primeira toma de contacto coas raquetas de neve e a verdade é que non foi tan mal.

A serra de Navacerrada e máis concretamente unha parte da ruta dos sete picos foi a zona escollida para o meu “bautismo”. A montaña nevada dáche unha perspectiva moi diferente do terreo que pisas. Vendo a distribución da neve podes facerte unha idea das condicións climáticas que existen nese lugar.

Aínda que moitas veces non se lle da a suficiente importancia, a neve e os procesos fríos son axentes fundamentais para comprender as nosas paisaxes de montaña. As rochas que podemos ver fragmentadas ou esas zonas pulidas que atopamos no campo son só algunhas das sinais que a neve e o xeo deixa no terreo.

Comprender as dinámicas climáticas existentes nestas áreas é fundamental para poder cuantificar a influencia do Cambio Global e poder realizar unha correcta xestión destes medios. Ao tratarse duns ambientes tan fráxiles, calquera das nosas accións pode ter consecuencias devastadoras para eles.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

This site is protected by reCAPTCHA and the Google Privacy Policy and Terms of Service apply.