En moitas ocasións non se ten en conta, pero a divulgación é algo fundamental para fortalecer a investigación. Está claro que obter grandes resultados é moi importante, pero, e se isto non supón nada para a sociedade?
A investigación en xeral e aínda máis a que ten impacto no día a día da poboación debe darse a coñecer nunha linguaxe accesíbel. Isto fai que todos se podan sentir identificados e que teñan conciencia do que ocorre e ocorrerá arredor súa.
En relación con isto aparece o concurso a túa tese nun fío de Twitter, organizado por Red Divulga, CRUE Universidades e as Universidades galegas. Este evento consistía en explicar brevemente a través dun fío dun máximo de 20 tuits de que tratan as teses de doutoramento.
Na edición do 2022 fun galardoado co premio ao mellor fio de Twitter da fase galega concedido polas Universidades de Santiago de Compostela, Vigo e A Coruña.
Se queres ver de que trata a miña tese aquí tes o fío que presentei ao concurso.