ProXectos
Dinámicas litorais con RFID
Estudamos o comportamento da costa a escala media a través de sensores RFID.
Caracterización costeira nas Illas Cíes
Definición dos diferentes tipos de costa existentes nas Illas Cíes.
Vulnerabilidade da costa galega
Investigamos os factores que interactuan no litoral galego para previr riscos.
Son xeógrafo experto en SIX e teledetección. Doutor pola Universidade de Santiago de Compostela. Estudo a dinámica das costas rochosas aplicando as novas tecnoloxías. Anteriormente levei a cabo proxectos relacionados cos incendios forestais, coa vulnerabilidade das costas galegas e cos parámetros biofísicos da vexetación.
tese de doutoramento
“Análise multiescalar sobre as variacións costeiras nun escenario de cambio global e aplicación para a mellora da xestión do territorio”. Componse de tres fases principais:
¿Queres saber máis? Pódoche axudar en algo?
Blogue
A segunda campaña PARANTAR chegou ao seu fin
Entre os meses de xaneiro e marzo estiven inmerso na miña primeira campaña antártica nas illas Shetland do Sur. Nesta aventura acompañoume o resto do persoal investigador do proxecto PARANTAR. Nesta ocasión a expedición dividiuse en dous equipos con tarefas previstas e lugares de estudo distintos. O primeiro equipo centrouse na recuperación dos datos dos sensores introducidos en campañas […]
Un toque xeográfico no Pint of Science
Este ano estarei pondo o toque xeográfico nunha nova edición do festival Pint of Science. O vindeiro luns 13 de maio, a partires das 18:30 no Café bar Alborada de Veiga (Santiago de Compostela) tratarei de achegar un pouco ao público ao noso traballo como xeógrafos/as nos últimos proxectos nos que teño participado. Se queres […]
O xeo que conxelou a paisaxe galega
A paisaxe que temos na actualidade nas montañas de Galicia está marcada en boa parte polo xeo. Aínda que na actualidade nas nosas montañas o xeo xa non é tan habitual, a súa presenza no pasado marcou o seu aspecto, como? O paso do xeo polo terreo, a súa acumulación e os procesos de conxelación […]