ProXectos
Dinámicas litorais con RFID
Estudamos o comportamento da costa a escala media a través de sensores RFID.
Caracterización costeira nas Illas Cíes
Definición dos diferentes tipos de costa existentes nas Illas Cíes.
Vulnerabilidade da costa galega
Investigamos os factores que interactuan no litoral galego para previr riscos.
Son xeógrafo experto en SIX e teledetección. Actualmente traballo como investigador predoutoral na Universidade de Santiago de Compostela, onde estudo a dinámica das costas rochosas aplicando as novas tecnoloxías. Anteriormente levei a cabo proxectos relacionados cos incendios forestais, coa vulnerabilidade das costas galegas e cos parámetros biofísicos da vexetación.

tese de doutoramento
Título: “Estudo das dinámicas e xestión do territorio costeiro galego mediante técnicas SIX”. Está composta de tres artigos principais:
- Recording inter-annual changes on a boulder beach in Galicia, NW Spain using an Unmanned Aerial Vehicle
- Tracking clast mobility using RFID sensors on a boulder beach in Galicia, NW Spain
- Estamos a traballar niso tamén
¿Queres saber máis? Pódoche axudar en algo?
Blogue
Geomorphology faise eco do noso estudo en Oia
A pasada semana publicamos na revista Geomorphology un artigo sobre a dinámica dunha praia de bloques (coídos) en Galicia empregando sensores RFID. Este traballo leva por título “Tracking clast mobility using RFID sensors on a boulder beach in Galicia, NW Spain” e forma parte do meu proxecto de tese de doutoramento que analiza a evolución […]
Cabalos salvaxes ao carón do mar
Ás veces cando estás facendo traballo de campo atópaste con compañía. Isto foi o que nos aconteceu mentres profundabamos no sector de Teixidelo, na Capelada. Aínda que non estou seguro de se eles nos atoparon a nós ou foi ao revés. Na serra da Capelada existe unha gran cabalería salvaxe que se despraza por este […]
Terra, o percorrido de Xurxo Mariño polo mundo
Dar a volta ao mundo é algo que sempre ten atraído a moitas persoas. Descubrir o que agocha o noso planeta é tentador, verdade? Esta idea de patear a Terra, tan recorrente na literatura, puido levala a cabo fai uns anos Xurxo Mariño. O profesor e divulgador científico galego pasou 11 meses debullando os segredos […]