Quen son?

Descobre máis de min

son...

Son xeógrafo pola Universidade de Santiago de Compostela, onde me graduei no ano 2015, e realicei un máster sobre Sistemas de Información Xeográfica e teledetección na Universidad de Alcalá. Actualmente traballo como investigador predoutoral na Universidade de Santiago de Compostela cun contrato FPU co que xa levo dous anos. Con este contrato estou elaborando a miña tese de doutoramento, que trata sobre as dinámicas xeomorfolóxicas das costas rochosas galegas a través das novas tecnoloxías (drons, sensores RFID, TMEM…). Con este proxecto tamén se pretende dar un impulso cara unha mellor xestión das zonas litorais analizando os problemas que poden acontecer e as súas posíbeis solucións.
No pasado estiven ligado ao mundo da investigación cunha beca de colaboración no Departamento de Xeografía da USC, cunha JAE-Intro no CSIC e contratado no Laboratorio de Espectro-radiometría e Teledetección Ambiental (Speclab) do CSIC. Durante a miña experiencia no CSIC puiden traballar nun sector moi diferente ao actual analizando os parámetros biofísicos da vexetación e tratando de comprender a súa evolución e comportamento ante o cambio global nun ecosistema de devesa.
Outro dos campos nos que traballei foi o dos incendios forestais. A raíz do máster realicei un proxecto para a estimación do risco de ignición forestal no territorio galego a partir de información de satélite.

Queres saber máis?