oia

Pontevedra

EN QUE CONSISTE?

Esta investigación iniciouse nunha praia de bloques de Oia (sur de Pontevedra). Empregáronse sensores RFID para coñecer as dinámicas de desprazamento dos bloques.

“Os maiores desprazamentos superan os 20 metros.”

PARA SABER MÁIS

Os sensores RFID (Radio Frequency Identification) permiten o seguimento de elementos en calquera momento desde a súa colocación e son unha ferramenta fundamental para analizar os posíbeis cambios no medio.

En Oia instaláronse 80 sensores en líñas de 5 elementos perpendiculares á costa durante o mes de setembro de 2016. Na actualidade realízanse revisitas á zona de estudio para posicionar novamente as rochas e así coñecer os vectores de desprazamento que presentan. Até o momento monitorizáronse  máis do 80% dos sensores introducidos e os maiores desprazamentos superan os 20 metros.

Curiosidades

*

Estas son as marcas que deixan as rochas no seu desprazamento.

*

A forma da praia pode mudar moito en pouco tempo, quedando a plataforma tapada por cantos.

Galería